Serán de contos, malabares e humor con Moc Moc MeRe Clown na Biblioteca Municipal de Fene
A aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de trasnos que amolan e fan imposible a vida dos seus habitantes. Con este punto de partida, David Merelas (Moc Moc MeRe Clown) achegou o pasado xoves aos nenos/as feneses “A verdadeira historia de Hamelín”, unha versión divertidísima do conto clásico.