19/06/2017
“As Parábolas de Pakolas” é un espectáculo musical de pequeno formato que se adapta con facilidade ao espazo da biblioteca. Música e animais: dende os máis diminutos, como O Furafollas, ata a Quenlla, pasando por Baldomero Mero ou o pequeno Pato.
Cancións para compartir pequenos e adultos a ritmo de Rock e outros estilos, con letras axeitadas ao público infantil.
Pakolas preséntanos a súa música de maneira individual, tocando a súa guitarra e interpretando cancións sacadas dos seus propios libros, entre os que destaca A Gramola Gominola.
Paco Cerdeira, Pakolas, vai intercalando as cancións coas historias que nelas se contan, sempre cunha mensaxe final, dando lugar a fermosas “parábolas” das que podemos aprender.
Séguenos