19/10/2015
A Biblioteca Pública de Ponteareas acolleu a actividade de animación “ Catalina Lino Lina”, a cargo de Glub Glub Teatro, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos, e enmarcado dentro das actividades que se organizan durante o mes de outubro no Concello de Ponteareas, co gallo de celebrar o Día da Biblioteca.
Esta actividade tivo lugar o día 15, xoves, ás 18:00 horas na sala de usos múltiples da Biblioteca Pública Municipal e consistiu nun espectáculo enfocado a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros. Nesta representación, Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras.
Este espectáculo cheo de contos e moi animado fixo que tanto os nenos como os seus acompañantes disfrutaron moito desta actividade e que lles provocou infinidade de risos e aplaudiron durante toda a actividade como proba de que lles gustou moitísimo.
Séguenos