Onte pasamos na biblioteca unha tarde diferente, pois contamos coa visita de Leo Leiño e a súa “Máxia Cómica”. Foi un espectáculo moi ameno e participativo, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban. Leo estivo divertidísima e fixo unha morea de trucos, coa colaboración de moitos dos nenos do público. Ó rematar todos tiveron unha variña máxica como agasallo. Os asistentes quedaron moi contentos coa actuación.
Esta sesión desenvolvida por Polo Correo do Vento foi unha mestura de contacontos e taller de ilustración. Tivo unha duración de 50 minutos. Nun primeiro momento mesturáronse a narración da historia do Misterio do Pirata Benito Soto. As distintas ilustracións son unha homenaxe o personaxe Sherlock Holmes do escritor Conan Doyle.
Nun segundo momento o ilustrador ensinou a debuxar dunha maneira sinxela un pirata; fixéronnpo tanto os rapaces como os adultos asitentes á sesión. Como remate, os rapaces, colorearon as escenas feitas nun primeiro momento e o debuxo do pirata feito polo ilustrador. Quedando os tres debuxos na biblioteca.
O mércores, 22 de outubro dentro das actividades organizadas polo Sistema de Bibliotecas de Oleiros en colaboración co Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia visitou a Biblioteca de Santa Cruz a espectacular maxia de Chrystyan Magic, co seu espectáculo “Na senda da serpe alada”.
A actividade levouse a cabo no Teatro das Torres, anexo á biblioteca, onde un público entregado disfrutou cunha xornada de animación á lectura e de dinamización da nosa lingua. Chrystyan Magic creou un ambiente de maxia e ilusión, de sonrisas e risas que encantaron a grandes e pequenos. Espectáculo que esta baseado nos libros de Ana María Fernández e Xoán Babarro, que narra as aventuras de Chrystyan e o mago Bosco.
O día 21 de outubro, na semana de celebracións do Día da Biblioteca, IMASV realizou unha sesión de formación para pais e nais sobre recursos educativos na internet. A pesar do escasísimo aforo resultou moi interesante.
O sábado 18 de outubro Eduvia deleitounos cun repertorio de contos máxicos nos que amosaron valores como a convivencia, a igualdade, o respeto ao medio ambiente e o traballo en equipo.
Branca de Neve ten un problema cada vez que se mira no espello, e que se ve reflexada nos tres porquiños. E Carrapuchiña xa non ten que temer ao lobo feroz porque agora é vexetariano.
Elefante elegante crea novas historias mesturando os contos de sempre, e danos moita risa mentres a casa da avoa vaise construíndo diante dos nosos ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .
Pablísimo contounos os seus contos batracios, fábulas, curiosidades e cancións populares onde os protagonistas sempre eran rás, sapos ou cabezolos.
Desta vez os batracios formaban parte de contos actuais nos que rás solidarias axudaban aos seus amigos, ou sapos cobizosos intentaban aproveitarse dos veciños.
Contos batracios sobre a amizade, a solidariedade, a ecoloxía e biodiversidade, contados a través de monicreques, Kamishibai, láminas, cancións e miniaturas.
O titiricleteiro chega á Biblioteca Ánxel Casal da man de Carballo con botas, co seu triciclo alemán cargado cun teatro de títeres e os seus monicreques feitos por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, India, Guatemala…
A través dos contos ímonos ao mundo da solidariedade na procura de outras culturas nunha aposta pola tolerancia, a paz e a xustiza social.
narrando “O soño do rato”. Este conto foi creado pola propia artista, relatado cun teatro de sombras artesán e resultou do completo agrado do público miudiño asistente. Ler máis →
Séguenos