“20.000 leguas de lectura divertida” aprendemos sobre ciencias con Jules Verne na Biblioteca Xela Arias de Chapela
A Biblioteca Xela Arias (Chapela, Redondela) celebrou estes días unha actividade sobre ciencia, onde Jules Verne e a súa obra eran os protagonistas.
Un obradoiro científico para imaxinar, para comprender e para aprender.
Rapaces e rapazas de entre 6 e 8 anos de Chapela e arredores encheron as prazas do obradoiro e gozaron e aprenderon a través dos experimentos e xogos realizados polos monitores da actividade.
A biblioteca dispuxo para o obradoiro dun gran número de libros do seu fondo sobre Jules Verne e tamén sobre ciencia adaptados ás idades do grupo.
Ver + no weblog da biblioteca: https://bibliotecas.redondela.gal/20-000-leguas-de-lectura-divertida-xules-verne-anima-a-explorar-na-ciencia-a-rapazada-de-chapela/
Séguenos