En Chapela gozamos dunha tarde de biblioteca no parque con Alba Grande
Na tarde do venres 10 de xuño o parque do Piñeiral do Crego, en Chapela, converteuse en espazo acolledor para gozar da lectura e xenial escenario para contar contos. Un público diverso, formado por persoas de todas as idades gozaron das historias que, salferidas das gotas da tradición oral galega, nos achegou unha contadora de excepción da que quedamos namorados: Alba Grande.
A actividade estaba organizada pola Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela.
+ INFO no noso Weblog: https://bibliotecas.redondela.gal/contos-con-alba-grande-para-unha-tarde-de-biblioteca-no-parque-do-pineiral/
Séguenos