A biblioteca de Chapela acolle a acampada Verán con Simona co obradoiro Fotoconto
No pasado xoves a rapazada do obradoiro Verán con Simona do Multiúsos de Chapela achegouse á biblioteca para participar nun obradoiro creativo.
Con Fotoconto, realizado polo grupo de animación Eduvía, xogaron xuntos a elaborar e narrar a súa propia aventura. A partir das fotografías dos participantes, cunhas boas doses de imaxinación e grazas ao tratamento dixital das imaxes, os cativos crearon un conto dinámico, enxeñoso e cheo de acción desbordante, onde o humor coas situacións e as personaxes máis variopintas adoptaron o seu protagonismo.
VER MÁIS FOTOS E O CONTO REMATADO NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/07/fotoconto-rapazada-de-veran-con-simona.html
Séguenos