Gloria Mosquera (Mamá Cabra) levou o seu “Contos que saen dos libros” á ALM Os Tilos-Teo
Para continuar coas actividades arredor das Letras galegas, o sábado 13 de maio recibimos na ALM Os Tilos-Teo a Gloria Mosquera, que leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión e na compañía de Iago Rodriguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.
Foi unha tarde estupenda para cantar e bailar rodeados de libros. A sala non podía estar mais chea de xente disposta a desfrutar.


Séguenos