O Espantamedos de Inacio Vilariño na Biblioteca Municipal de Lugo
Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, presentounos onte na Biblioteca Municipal de Lugo unha chea de medos e os divertidos remedios para enfrontarse a eles.
Se por exemplo, o medo é ao demo desencaminador que aparece nos camiños, podes cantarlle esta canción:
“Demo escoita o que che pido
que apartes do camiño
que teño que ir a bailar”
E así para cada medo, todos teñen un conto ou unha canción!
Séguenos