(Galego) TOMIÑO NO CAMIÑO

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Este Proxecto anual  traballase conxuntamente entre dous centros do Concello de Tomiño: O CEIP de Sobrada e o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián. Entre os dous centros suman un total de 349 alumnos/as.

O ano 2017 foi declarado polas Nacións Unidas como Ano Internacional do  Turismo Sustentábel para o Desenvolvemento. Tomando como centro de interese o  Camiño de Santiago na súa variante por Tomiño, preténdese achegar ao alumnado de infantil e primaria dos dous centros, un traballo de investigación interdisciplinar ao longo  de todo o curso 2016/2017.

 Esta variante do Camiño Portugués recibe o nome de Camiño Portugués do Norte, pois parte do trazado por terras portuguesas era utilizado polos romeiros de Nossa Senhora do Norte.

O trazado por Tomiño amosa unha grande riqueza histórica, literaria, social, ambiental, lingüística… discorre por fortes do s. XVII, igrexas románicas do S. XII, almiñas, cruceiros dos séculos XVI e XVII, pontes medievais, petróglifos de hai 5000 anos, plantacións de viveiros ao aire libre con todo tipo de especies arbóreas, planta ornamental e poboacións que polos seus topónimos acaban dándolle significado ao itinerario. O seu percorrido é fonte de infinidade de relatos, lendas, topónimos…que están esperando ser recollidas e proxectadas a toda a comunidade polo interese do alumnado.

Dende a escola preténdese achegar ás nenas e nenos ao coñecemento e posta en valor da súa contorna, tanto no ámbito xeográfico, como no social, cultural, artístico e etnográfico. Deste mesmo xeito considérase que é un proxecto que axudará a integrar ao alumnado de orixe foráneo. Así, preténdese que este tramo do camiño se recoñeza oficialmente e se inclúa como Camiño Portugués do Norte, e coas nosas achegas  darllo a coñecer a tódalas persoas que se interesen por  el.

Neste senso creouse o blog: TOMIÑO NO CAMIÑO