Material didáctico

Como ferramenta de traballo para os profesores  e alumnos dos centros participantes no programa, un equipo de docentes formado por Clara Cristela Rodríguez, Manuel Alonso e Marta Coria , asesorados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, elaboraron uns materiais didácticos nos que un peregrino chamado Paio nos inicia no coñecemento do concepto de patrimonio cultural, contándonos unha historia que comeza nas orixes do Camiño de Santiago. O seguinte parágrafo, tomado desta historia contén unha clara e sinxela explicación do que é o patrimonio cultural.

“…É o Camiño! Aquel que seguiron os peregrinos desde tempos inmemoriais e aquel no que as súas pegadas compactaron a terra que conforma a senda cara a Compostela. Cada paso que damos por esa senda, ponnos en contacto con eles, desde o primeiro peregrino ata nós. E é a nosa obriga recoller o testigo, pasalo as seguintes xeracións, igual ou mellor que o atopamos. Continuando un camiñar que empezou alá polo século IX e nos deu forma a nós e a nosa terra”.

Enlace á aplicación:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1447236385/contido/index.html