O ALUMNADO DE 5º ELABORA EDILIM PARA OS MÁIS CATIVOS- CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI

 

Dúas alumnas de Tui explican cómo elaboraron o Libro Interactivo Multimedia do Camiño Portugués

01/06/2017 16:28

 

tui1

Os alumnos de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui estamos traballando nun proxecto chamado “Un camiño para compartir” onde coñecimos  diferentes aspectos sobre o Camiño Portugués, xa que pasa por diante do noso colexio. Comezamos buscando información en distintas fontes tanto dixitais como impresas. Unha vez atopada a información, decidimos facer un Lim (Libro Interactivo Multimedia). O LIM é unha ferramenta que permite crear actividades interactivas na que podemos poñer información con preguntas e xogos, tales como sopa de letras, crebacabezas, unir, seguir o patrón, etc..

Unha vez feito, o publicamos na páxina web do colexio para difundilo. A forma de acceder ao Lim é escribindo no buscador CEIP Nº1 de Tui. Unha vez na páxina do cole facemos un clic na pestana de “Aula virtual”. Unha vez alí pinchamos en “Actividades Lim” e en “Un camiño que compartir”. Logo facemos un clic en “Entrar como convidado”, e alí atoparás os distintos Lim que fixemos por grupos a clase de 5º E.P. no 2º trimestre.

Fixémolo co fin de informarnos e informar sobre o camiño portugués e as súas características. Esperamos que este traballo sexa útil para coñecer un pouco máis o noso entorno.

Pincha aquí para velo máis de preto.

Alba e Mara de 5º de primaria

CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI