Visita a Tomiño para coñecer casos de éxito en traídas de autoabastecemento
O día 2 de setembro técnicos de Augas de Galicia e de IDOM trasladáronse ata o municipio de Tomiño, onde tivo lugar unha presentación por parte de COXAPO con múltiples exemplos de éxito das traídas veciñais melloradas en dito concello.