Xornadas técnicas cos usuarios de traídas de San Xoán de Río

Os días 5 e 11 de outubro os técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata San Xoán de Río para manter diversas reunións informativas cos usuarios das traídas de abastecemento deste municipio.

Os encontros estruturáronse da seguinte maneira:

  • Presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise realizados nas traídas de autoabastecemento de San Xoán de Río.
  • Reunións personalizadas cos propietarios e usuarios de cada traída. Nas 23 xuntanzas desenvolvidas entregáronse informes que recollen propostas de mellora de cada traída e explicouse de maneira pormenorizada a problemática observada en cada unha, os resultados das analíticas das augas e as propostas de solución previstas, adxuntando os planos e orzamentos correspondentes. Nesta liña, escoitáronse tamén as achegas e impresións aportadas polos usuarios.

Nestes encontros participou un elevado número de  veciños e veciñas, con representantes de 27 das 30 traídas de autoabastecemento convocadas.