Estudo para a eliminación de aluminio nas traídas de abastecemento
No marco dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desenvolvemos un proxecto piloto para detectar e eliminar o aluminio das traídas veciñais, nos concellos que participan nesta iniciativa (Cerdedo-Cotobade, Baleira, Oia, San Xoán de Río, Oímbra e Mondariz)
Esta iniciativa desenvólvese en varios bloques:
- Bloque I: Determinación das formas nas que está presente o aluminio nas redes de abastecemento, un feito que determinará as técnicas de eliminación que se proporán. Esta parte inclúe axustes de pH e realización de ensaios Jar-Test.
- Bloque II: Instalación e posta en marcha dunha planta piloto para a eliminación de aluminio mediante un proceso de intercambio iónico nunha traída seleccionada. Esta planta situarase nunha traída do municipio de Oia.
- Bloque III: Análise da auga de distintos pozos de barrena localizados no contorno de zonas onde os puntos de captación, todos eles de escasa profundidade, dan valores altos de aluminio.
As principais conclusións recabadas deste proxecto serán incorporadas aos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia, ofrecendo así importante información para extrapolar a traídas de autoabastecemento de todo o territorio que se atopen en situacións similares de concentración de aluminio.
Máis información sobre o estudo de Aluminio