Xornadas técnicas con usuarios de traídas de Cerdedo-Cotobade

Técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata Cerdedo-Cotobade os días 23 de novembro de 10 de xaneiro para manter reunións informativas cos usuarios das traídas de abastecemento deste municipio, dentro dos encontros que se veñen mantendo no marco deste plan.

Os encontros das dúas xornadas estruturáronse da seguinte maneira:

  • Presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise realizados nas traídas de autoabastecemento.
  • Reunións personalizadas cos propietarios e usuarios de cada traída. Nas 28 reunións realizadas entregáronse os informes que recollen propostas de mellora de cada traída. Nestes encontros explicouse de maneira pormenorizada a problemática observada en cada unha, os resultados das analíticas das augas e as propostas de solución previstas, adxuntando os planos e orzamentos correspondentes. Escoitáronse as aportacións e impresións dos usuarios, que se recollerán nun informe refundido.

Nestes encontros houbo un alto grao de participación e implicación, con representantes de 28 traídas das 38 convocadas. O número total de asistentes ascendeu a 52.