A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participa na xornada de presentación do Plan de Abastecemento Autónomo de Oímbra
A Xunta de Galicia impulsa, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, os Plans Municipais de Abastecemento Autónomo, unha iniciativa coa que coñecer e mellorar os sistemas de autoabastecemento en Galicia. Estes sistemas son claves para garantir o suministro de auga nunha gran parte de núcleos de poboación de Galicia, especialmente en zonas rurais.
O compromiso da Administración autonómica quedou reflexado o pasado 24 de marzo, coa asistencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao acto de presentación final do plan para o Concello de Oímbra. Alí coñeceu de primeira man os detalles dos estudos realizados nos sistemas de autoabastecemento do municipio e as propostas de actuación para mantelos e melloralos.
O evento contou también coa asistencia da alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino; o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira; a técnica de desenvolvemento local, Mª Luísa Santiago; e 14 representantes de 6 traídas de abastecemento de Oímbra.
Técnicos de Augas de Galicia entregaron ao Concello de Oímbra a documentación correspondente ao Plan de Abastecemento Autónomo do municipio, que será a ferramenta clave para a planificación dos sistemas autónomos durante os próximos anos. Estes documentos recollen:
- Diagnose de instalacións de autoabastecemento do municipio. Inclúe poboación abastecida, infraestruturas, problemática, calidade da auga, funcionamento e estado legal das traídas, entre outros datos.
- Resumo de actuacións propostas para manter e mellorar as traídas. Inclúe actuacións por orde de prioridade, investimentos previstos e ratios de investimentos, entre outros datos.