Baleira acolle a xornada de presentación final do seu plan de abastecemento autónomo
Seguen a avanzar as presentacións finais dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo. O pasado 21 de marzo tocoulle a quenda ao Concello de Baleira, que acolleu o encontro final cos usuarios de traídas deste municipio.
Neste acto, celebrado no centro sociocultural, presentáronse as conclusións relacionadas cos sistemas de autoabastecemento do municipio de Baleira aos representantes das traídas veciñais e aos membros da corporación local, xa que os dous son axentes clave para o desenvolvemento das actuacións de mellora e mantemento destas instalacións.
O evento contou cunha asistencia total de 21 persoas, en representación de 7 traídas.
Entre os asistentes a nivel institucional estaban o alcalde de Baleira, Enrique Martínez-Puga López, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira. Por parte de Augas de Galicia fíxose entrega ao Concello de Baleira da documentación correspondente ao Plan de Abastecemento Autónomo do municipio, que funcionará como ferramenta de planificación dos sistemas autónomos durante os vindeiros años.