Este informe recolle a información referida ás entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestores de centros ou programas de servizos sociais, nos ámbitos de maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
O Censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas que teñen como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade do ano en curso e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
O Protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao colectivo LGBTI, poñer en marcha actuacións de prevención ante condutas ...
Actividade estatística denominada 2511-03-OE06 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 201/2024, do 27 de decembro (DOG núm.8, do 14.01.2025)
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023.
Protocolo que establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populares.
Este Informe céntrase en desenvolver, con perspectiva demográfica, unha metodoloxía de cálculo para o custo dos coidados á poboación infanto-xuvenil no eido familiar.