77 proyectos de innovación social
Interesante publicación extraída do Boletín Infancia y Juventud, nº 277 de Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Equía Careaga sobre iniciativas de participación cidadá en distintas ciudades europeas en aras dunha maior cohesión social entre os seus habitantes.
Evers, A., et al. (eds.), Social innovations for social cohesion. Transnational patterns and approaches from 20 European cities. Liège, Wilco. Welfare Innovations at the Local Level in Favour of Cohesion, 2014, 420 p.
Este libro constitúe una fonte de inspiración para os que busquen ideas para promover a cohesión social a través de programas locais de participación social. Trátase dunha das principais publicacións de WILCO (Welfare Innovations at the Local Level in Favour of Cohesión), un proxecto que foi implantado en vinte ciudades europeas entre 2012 e 2014. O documento presenta proxectos de diversa índole, entre os que se encontran iniciativas de rexeneración urbana, programas de mentoría para persoas en risco de exclusión social e servizos de atención infantil e vecinal.
As iniciativas presentadas teñen diferentes obxectivos e fundaméntanse en metodoloxías dispares, pero existe un nexo común: todas se basean na participación cidadá. O libro ensina novas posibilidades de inclusión social, tales como as entenden e practican os propios cidadáns. Sete dos 77 proxectos descritos proceden do noso país, concretamente de Barcelona e Pamplona. Para os que desexen saber máis sobre os resultados de WILCO, recoméndase o informe final da iniciativa (ref. 518323) e tamén a sede electrónica do proxecto (http://www.wilcoproject.eu), que segue operativa e onde, entre outros contidos, se encontran os documentais producidos no marco do proxecto.
http://www.wilcoproject.eu/downloads/WILCO-project-eReader.pdf