A economía social fronte á crise

13. Marzo 2017 Alertas

Extraemos do Boletín do Tercer Sector, nº 139 de Siis información sobre esta publicación de economía social editada por Funcas.


Perard, P., La crisis, ¿una oportunidad para la economía social española?. Serie: Estudios da Fundación. Economía y Sociedad n. 80, Madrid, Funcas, 2016, 118 p.

A economía social española -que reúne o conxunto de organizacións que tratan de combinar eficiencia económica e utilidade social, e que comparte una base común de valores e principios- viuse afectada, ao igual que o resto da economía, pola crise económica iniciada en 2008. tal e como revela este estudo, a crise golpeou o sector cunha lóxica e una intensidade diferentes en función do tipo de estruturas que o componen, sendo as sociedades laborais as máis prexudicadas: o seu número, así como o emprego que xeran, caeron en trorno ao 50% dende o principio da crise.

Aínda así, a economía social resistiu globalmente mellor que o resto da economía, e iso permitiu limitar de xeito significativo os efectos da crise na supervivencia de empresas, na creación de empregos, na integración laboral e social, e na loita contra a exclusión. Ademais de pola súa gran capacidade para atender e integrar as persoas máis vulnerables -cuxo número aumentou moito estes últimos anos-, a súa resistencia fronte á crise débese tanto á solidariedade interna que existe no seo destas empresas, coma ás prácticas de solidariedade externa.