Administración electrónica y personas mayores. Mejoras en el acceso y uso de la Administración electrónica por parte de las personas mayores
Esta publicación recolle medidas para mellorar o acceso e uso dos servizos públicos electrónicos á poboación maior de 65 anos. Ten como obxectivo reducir a fenda dixital e achegar solucións a situacións de desigualdade, vulnerabilidade e exclusión social xeradas polo proceso de dixitalización.
Administración electrónica y personas mayores. Mejoras en el acceso y uso de la Administración electrónica por parte de las personas mayores. Fundación COTEC, 2022, 55 p.
A falta de competencias dixitais para realizar trámites pola internet, non dispoñer de instrumentos para realizar os devanditos trámites ou a falta de confianza na contorna dixital son algunhas das razóns que impiden o uso dos servizos públicos dixitais por parte da poboación maior de 65 anos. Trátase de parte da análise que recolle este estudo elaborado pola Fundación Cotec para a innovación e a Universidade de Murcia.
O proxecto establece unha serie de medidas para mellorar o acceso e uso dos servizos públicos electrónicos co fin de reducir a fenda dixital e achegar solucións a situacións de desigualdade, vulnerabilidade e exclusión social xeradas polo proceso de dixitalización.
Este traballo sinala que as persoas maiores non son autónomas para realizar este tipo de trámites na internet e apóianse principalmente na súa rede sociofamiliar para realizalos.
A mellora da conectividade das persoas maiores a través de bonos sociais para a contratación da internet e a adquisición de dispositivos, así como a ampliación da rede pública gratuíta son outras das liñas de acción que se desenvolven neste traballo.