Análisis de los servicios de apoyo a las personas con falta de medios para la cobertura de necesidades básicas a partir de la base de datos del Sistema de Información de Usuarios de los Servicios Sociales (SIUSS)

12. Decembro 2018 Alertas

Presentamos este informe elaborado por dous investigadores  que analizan os servizos de apoio ás necesidades básicas de persoas con falta de medios tomando como ferramenta de investigación a base de datos SIUSS.


Manuel Aguilar Hendrickson, María Teresa Rodríguez Lupiáñez. — Análisis de los servicios de apoyo a las personas con falta de medios para la cobertura de necesidades básicas a partir de la base de datos del Sistema de Información de Usuarios de los Servicios Sociales (SIUSS). — Universitat de Barcelona. — Decembro de 2017 (corrixido en marzo de 2018), 103 p.

Investigación desenvolvida no marco do Proxecto Progress “Review of the minimum income schemes in Spain from the perspective of cost-effectiveness”

A mellor forma de impulsar o modelo de servizos sociais públicos no noso país pasa por impulsar, orientar e articular os esforzos que actualmente se realizan en materia de xestión do coñecemento en I+D+i : construír un ecosistema do coñecemento para a intervención social e os servizos sociais.

Para iso non é probablemente necesario xerar un centro ou instituto especificamente centrado nestas materias, pero si desenvolver unha estratexia que permite priorizar liñas de investigación específicas, promover o intercambio técnico entre as administracións implicadas, vincular aos diferentes axentes ao redor de obxectivos comúns e, en definitiva, orientar os esforzos que xa veñen realizando nunha dirección determinada.

Avanzar cara ao paradigma da práctica baseada na evidencia esixe, por unha banda, impulsar revisións sistemáticas da literatura que permitan identificar a evidencia respecto ao impacto das intervencións e difundir as boas prácticas.

Neste contexto, o obxectivo deste estudo é identificar e dimensionar os apoios materiais (prestacións) e técnicos (programas de apoio social) recibidos dos servizos sociais públicos polos fogares en situación de carencia de medios para cubrir as súas necesidades básicas. O ámbito do estudo é, por tanto, o dos fogares con falta de medios de subsistencia que acudiron aos devanditos servizos e os recursos que estes lles facilitan.

https://www.mscbs.gob.es/ssi/familiasInfancia/ServiciosSociales/EstudiosNacionales/AnaliServiciosApoyoSIUSS.pdf 

informe de Manuel Aguilar y María Teresa Rodríguez