BdB. Boletín de Benestar. Boletín Informativo de Política Social. Nº 1 (Marzo-Abril) 2016
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.
Este novo número do boletín dedicámolo principalmente ás políticas públicas de xuventude reivindicando ese papel activo que a mocidade debe xogar segundo o modelo da teoría das necesidades e que comporta compromiso social, promoción do cambio e transición á vida adulta.As numerosas novas relacionadas coa programación que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está levando a cabo, lévanos a dar a coñecer de forma conxunta todas as convocatorias de premios e axudas, de novas campañas e , en fin, de proxectos que se están a desenvolver arredor da xuventude e do voluntariado.E é a través destas políticas como a mocidade galega adquire un papel protagonista e participativo que dá sentido a esa atención específica que necesita para a súa aprendizaxe social, a súa participación e a construción do seu proxecto vital.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bb_01_2016.pdf