BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 10 (Setembro-outubro 2017)

Xa se pode consultar o nº 10 do BdB. Boletín de Benestar, dedicado ás políticas sociais dirixidas ás familias.


 

BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 10 (Setembro-outubro 2017).  Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2017. ISSN 2445-1932, 54 p.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Neste número do boletín queremos poñer o acento no desenvovemento das políticas sociais levadas a cabo por esta consellería dirixidas especificamente ás familias. A familia, como grupo social que asume o peso dos cambios sociais, atópase a medio camiño entre os individuos e a sociedade. Desde este punto de vista, a Consellería de Política Social, consciente de que debe atender os requirimentos dos suxeitos que a integran, desenvolve un conxunto de programas económicos e sociais que intentan favorecer a equidade e responder ás demandas que este grupo social lle require.
Estas medidas varían e abarcan aspectos tan diversos como a dinamización demográfica, a formación e axudas concretas de carácter económico e social e materialízanse na creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, o apoio ás casas niño para zonas rurais, o desenvolvemento do programa Reconduce para as familias máis desfavorecidas, etc.
Co desenvolvemento destas e doutras medidas, a Consellería pretende contribuír, cun enfoque integrador, a levar a cabo políticas sociais baseadas na equidade como principio reitor.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_10_2017.pdf