BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 11 (Novembro-decembro 2017)

Xa se pode consultar o nº 10 do BdB. Boletín de Benestar, dedicado ás políticas sociais dirixidas ás familias.

BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 11 (Novembro-decembro 2017).  Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2017. ISSN 2445-1932, 54 p.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

O Estado do Benestar articula a vida social e o progreso económico dos distintos países. En España, o Estado do Benestar articulou a vida social do propio Estado que permitiu apostar por un modelo descentralizado no que se outorgaron amplas competencias en materia de benestar e servizos sociais ás comunidades autónomas.

Este modelo perseguía dous grandes obxectivos: primeiro, dar un poder máis directo aos cidadáns na toma de decisións e segundo, que as institucións e os servizos fosen xestionados de forma máis transparente e próxima á poboación que os utilizaba.

A dimensión autonómica adquire, por iso, unha enorme relevancia xa que parte das políticas sociais elaboradas no ámbito autonómico se fan sobre a base das capacidades de autogoberno que resultan deste proceso descentralizador.

Nesta nova entrega, a cabalo entre 2017 e 2018 analizamos, coa perspectiva que require o tempo transcorrido neste segundo ano de publicación do boletín, as actuacións levadas a cabo por esta consellería no desenvolvemento deste modelo do Estado de Benestar descentralizado e integrador, á súa vez. Este modelo que permite levar a cabo políticas encamiñadas ao benestar dos galegos e galegas neste momento de crise xeneralizada.

Os cambios que afectan á sociedade galega esixen unha maior implicación dos poderes públicos no desenvolvemento das súas políticas para atender as necesidades concretas nas que se atopa a poboación: a dependencia, o risco de pobreza e exclusión, os coidados ás familias e á infancia, a discapacidade, o despoboamento, a falta de recursos, as condicións socioeconómicas dos inmigrantes, a reagrupación familiar… e, outros tantos factores presentes na sociedade que a Consellería, a través do desenvolvemento das súas estratexias, plans e programas trata de combater.

As novas recompiladas e difundidas neste boletín ao longo deste ano dan a coñecer estas políticas sociais e cumpre, ademais, un dos seus principais obxectivos.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_n_11_2017.pdf


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará