BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, nº. 13 (Marzo-abril, 2018)
Xa se pode consultar o nº. 13 do BdB. Boletín de Benestar cunha recompilación de novas relacionadas coa actividade desta consellería. Contén tamén, información bibliográfica, estatística e normativa relacionada co ámbito social.
BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, n. 13 (marzo-abril 2018). Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2018. 53 p. ISSN: 2445-1932
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
As políticas de xuventude enténdense como o desenvolvemento de actuacións que perseguen a promoción da participación política, social, económica, cultural e de ocio da nosa mocidade.
É, neste contexto, no que podemos incluír distintas actuacións desenvolvidas desde a consellería e recollidas neste número que agora presentamos. Boa mostra delas son: a presentación da Campaña de verán 2018 que sitúa Galicia como referente na oferta de ocio e tempo libre, a celebración de xornadas de formación e de proxectos de voluntariado, o impulso de iniciativas que promoven a capacidade creativa e emprendedora da xuventude e as que favorecen a inclusión da xente nova máis vulnerable.
Queremos destacar tamén a importancia que para esta consellería ten o desenvolvemento das políticas de colaboración con fundacións, entidades e asociacións que promoven a creación e posta en marcha de plataformas de organizacións da infancia, a creación de puntos de asesoramento familiar e centros de referencia para persoas con determinados trastornos, programas de formación para determinados colectivos e un longo etcétera de medidas que buscan favorecer o benestar da nosa sociedade: infancia, adolescencia e maiores.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_13_2018.pdf