BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 14 (Maio-xuño 2018)
Xa se pode consultar o nº 14 do BdB. Boletín de Benestar, elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas no que se recollen novas das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial.
BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 14 (Maio-xuño 2018). Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2018. 57 p. ISSN 2445-1932
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Na actualidade son cada vez máis as mulleres e os homes que na súa vida diaria tratan de poñer en práctica outro modo de vivir no que o benestar e o coidado das persoas son unha prioridade e non un problema. Esta nova dimensión supón un avance na forma clásica de entender a conciliación desde esa tripla dimensión (social, individual e laboral). Desde esta perspectiva, a Consellería de Política Social é quen de incorporar esta nova acepción a través de actuacións dirixidas a homes e mulleres que consideran a corresponsabilidade como unha forma de avance social que prioriza acadar unha sociedade cada vez máis equitativa. A ampliación do Bono Concilia, o aumento de número de prazas en escolas infantís, o desenvolvemento de programas de ocio para coidadores e dependentes, Xantar na Casa…, son medidas nos que as políticas de tempo aplicadas á conciliación nos favorecen e nos axudan a conseguir un futuro mellor.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_14_2018.pdf