BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 15 (Xullo-agosto 2018)
Vense de editar o novo número do boletín de benestar no que poderá consultar as actuacións máis destacadas levadas a cabo por esta consellería durante o período vacacional de xullo e agosto de 2018.
BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 15 (Xullo-agosto 2018). –– Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2018, 51 p. — 30 x 21 cm. — ISSN 2445-1932
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Coincide o inicio deste novo curso político coa publicación do número 15 do boletín no que queremos incidir nas políticas de consolidación e mellora levadas a cabo polo Goberno galego nos ámbitos da dependencia e da conciliación.
O período vacacional non minorou as actuacións da Consellería de Política Social e bo exemplo disto foi o anuncio do presidente do Goberno galego dunha serie de medidas encamiñadas ao reforzo destas políticas, na súa doble vertente de atención ás persoas maiores e persoas con diversidade funcional: o aumento do orzamento dedicado á dependencia, o crecemento no número de persoas atendidas, a variedade de recursos de atención, a posta en marcha das casas do maior en concellos de menos de 5.000 habitantes, os cursos de formación prelaboral de entidades de iniciativa social ou as axudas á contratación de discapacitados e persoas en risco de exclusión social.
A conciliación da vida persoal e laboral das familias galegas tamén é unha constante preocupación deste goberno. As políticas de conciliación levadas a cabo nos concellos, o desenvolvemento de programas que favorecen esta conciliación e a mellora das escolas infantís indican que imos na boa dirección.
En definitiva, as políticas levadas a cabo pola Consellería nacen con vocación de impregnar o conxunto das actuacións que desenvolve ao seu abeiro e que son a accesibilidade, a participación, a investigación, a innovación e a calidade e a igualdade de xénero.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_15_2018.pdf