BdB. Boletín de Benestar. Boletín Informativo de Política Social. Nº 2 (Maio-Xuño) 2016

Xa se pode acceder ao nº 2 do BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social dedicado ás políticas de inclusión social levadas a cabo desde a Consellería.


BB_02_2016 1A inclusión social na actualidade debe ser analizada baixo dúas consideracións básicas: o importante impacto da crise na sociedade e, en especial, coas persoas máis vulnerables e a repercusión da crise nas organizacións do chamado Terceiro Sector e as novas demandas que recibe da sociedade e das administracións públicas.

Desde a Consellería de Política Social a Estratexia de inclusión social de Galicia, 2014-2020 e a nova Axenda social de Galicia procuran responder a estas demandas e establecer un marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social e procurar os apoios precisos para que as súas persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bb_02_2016_0.pdf