BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 26 (Maio-xuño, 2020)
Xa se pode consultar o nº 26 do BdB. Boletín de Benestar, Boletín Informativo de Política Social coas novas de actualidade dos dous últimos meses, evolución da Covid en Galicia en relación co resto das comunidades autónomas e España, Novas alertas bibliográficas, de institucións, etc. e recompilación normativa de ámbito social de Galicia, comunidades autónomas, España e Europa
BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 26 (Maio-xuño 2020) / Galicia, Xunta, Consellería de Política Social. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2020- ISSN 2445-1932. 57 p.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias
O impacto socioeconómico da crise ocasionada pola Covid 19 vai resultar difícil para as persoas, os fogares e as empresas se non se responde con políticas públicas ambiciosas.
É, por tanto, función do público crear un marco legal que garanta protección e seguridade a toda a cidadanía, especialmente a aquela máis vulnerable e que non pode beneficiarse de ningún xeito de protección social.
Para o redeseño dun pacto social eficiente é importante ter en conta 3 factores fundamentais.
1. A incorporación do benestar como obxectivo principal das políticas públicas avanzando cara a sistemas de protección social fortes e duradeiros.
2. Mobilizar recursos para fomentar o desenvolvemento inclusivo
3. A definición de estratexias de desenvolvemento sustentable coa participación de todos os actores.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e consciente da importancia que teñen estes factores para a recuperación da poboación galega máis vulnerable, adopta medidas conducentes a conseguir esa sociedade inclusiva que nos inclúe a todos no proxecto común da recuperación.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_26_2020_definitivo.pdf
Para a consulta de números anteriores prema no seguinte enlace: