BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 3 (Xullo-Agosto, 2016)

Xa está á súa disposición o número 3 do BdB. Boletín de Benestar dedicado á Discapacidade e á Dependencia


BdB_03_2016 1

 

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios. Neste boletín, un  importante número de novas fan referencia a temas de Discapacidade e Dependencia co obxectivo de dar visibilidade ás necesidades deste colectivo e das súas familias e acadar a súa plena inclusión social.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-3-xullo-agosto-2016