BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 4 (Setembro-Outubro 2016)

Xa se pode consultar o novo número do BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social.


BdB_04_2016 1BdB. Boletín de Benestar: Boletín Informativo de Política Social | Nº 4 (Setembro-Outubro 2016). ISSN 2445-1932

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.
As novas seleccionadas neste novo número do boletín son unha pequena mostra do catálogo de prestacións que desde a Consellería se ofrece para dar resposta aos distintos colectivos con necesidades sociais. E isto, coa finalidade de atender as súas demandas para, deste modo, obter un maior benestar social e unha mellor calidade de vida.
O desafío demográfico, o inicio de curso nas escolas infantís sostidas con fondos públicos, a celebración do Día Mundial do Alzhéimer, os convenios con entidades para o desenvolvemento de programas de distinta índole (inserción laboral, uso das TIC, atención psicolóxica para discapacitados e maiores) unido aos proxectos, premios e cursos de formación postos en marcha desde o departamento de Xuventude resumen grosso modo o máis salientable das políticas levadas a cabo por esta consellería.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-4-setembro-outubro-2016