BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 5 (Novembro-Decembro, 2016)

 Xa se pode consultar o novo número do BdB (nº 5, nov.-dec 2016) elaborado  pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Consellería


 

BdB_05_2016_imp 1BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 5 (Novembro-Decembro, 2016) / elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas. Edita: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2017. 47 p.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das personas usuarias.

A entrada do novo ano, co incremento dun 4% no orzamento das políticas sociais desenvolvidas pola Consellería veñen a incidir na consolidación, por segundo ano consecutivo, das prestacións sociais dirixidas ás persoas máis desfavorecidas da sociedade. Boa proba disto, dana a recompilación de novas deste novo número que se reflicten nunha aposta clara pola dinamización do rural a través das casas niño, a consolidación e ampliación de beneficiarios da Tarxeta Benvida, a atención aos menores en risco de desprotección, a incorporación de novos usuarios ao servizo de libranzas no contorno familiar, a loita contra a pobreza e a exclusión a través da estratexia e a nova axenda social, o aumento das pensións non contributivas… Todas e cada unha delas co obxectivo de aumentar a calidade no servizo das ditas prestacións.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-5-novembro-decembro-2016