BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 9 (xullo-agosto, 2017)

Xa se pode consultar o nº 9 do BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, centrado nas últimas novas relacionadas coas as actuacións levadas a cabo por esta consellería no ámbito dos Servizos sociais


BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, nº 9 (xullo-agosto de 2017). Santiago de Compostela: Consellería de Política social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 49 p. : il. cor ; 30 x 21 cm

Queremos facer fincapé, neste novo número do boletín, na prioridade que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, dá ás políticas relacionadas coa Dependencia e a integración social dos máis desfavorecidos.

A loita contra a pobreza, o compromiso, a coordinación e o diálogo civil fixeron posible a posta en marcha da Axenda Social de Galicia asinada en 2016, hai agora un ano, pola Xunta de Galicia, Fegamp e entidades sociais do Terceiro sector encabezadas por EAPN-Galicia. Estes compromisos analizáronse na primeira reunión de avaliación da Comisión de seguimento aos que se incorporan novas liñas de traballo relacionadas co acceso á vivenda, a pobreza enerxética, os servizos de atención no fogar, o emprego inclusivo e a cooperación entre administracións públicas e entidades de iniciativa social que permitan a posta en marcha de servizos sociais comunitarios de calidade.

A calidade destes servizos concrétase tamén noutro tipo de medidas como o impulso na xestión do Servizo de axuda no fogar, no desenvolvemento de servizos de teleasistencia avanzada ou de programas de acompañamento e apoio a persoas sen teito, no desenvolvemento de servizos terapéuticos para persoas dependentes e familias coidadoras, os plans de accesibilidade turística que sitúan Galicia como un destino de turismo accesible a escala nacional e internacional, etc.

Esta consellería tampouco esquece as políticas de xuventude con iniciativas dirixidas a apoiar a inserción sociolaboral da nosa mocidade en risco de exclusión (Programa Mentor), o fomento do turismo rural a través da educación non formal ou programas de mobilidade trasnacional (Galeuropa).

Eficacia, eficiencia e calidade na prestación destes servizos e programas son os principios reitores que seguen animando a actuación desta consellería.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-9-xullo-agosto-2017


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará