Crear un futuro mejor para las personas y el planeta: una reflexión estratégica desde el movimiento asociativo de la discapacidad. “Una mirada hacia al futuro: innovar para afrontar desde la discapacidad los grandes retos del siglo XXI”.

21. Xullo 2020 Alertas

Este documento analiza, desde a reflexión,  como crear un futuro mellor para as persoas e o planeta, desde a perspectiva da discapacidade organizada.


Comisión de Cooperación e Innovación Asociativas del CERMI Estatal, Crear un futuro mejor para las personas y el planeta: una reflexión estratégica desde el movimiento asociativo de la discapacidad. “Una mirada hacia al futuro: innovar para afrontar desde la discapacidad los grandes retos del siglo XXI”. Serie: Colección Inclusión y Diversidad n. 28, Madrid, Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, Ediciones Cinca, 2020, 86 p.

Documento prospectivo de reflexión estratéxica no que se recollen 30 propostas sobre como crear un futuro mellor para as persoas e o planeta, desde a perspectiva da discapacidade organizada.

A cooperación asociativa é unha das principais fontes para unha innovación social capaz de crear máis valor para as persoas con discapacidade e para o conxunto da sociedade. Así, cooperar, tanto no ámbito técnico e no campo da defensa dos dereitos, como innovando en coñecemento, talento e novas iniciativas, axuda a crear mellores oportunidades para as persoas con discapacidade e as súas organizacións e a avanzar nesa transformación social que se pretende alcanzar. Estas cuestións foron debatidas no seo da Comisión de Cooperación e Innovación Inter-Asociativa do CERMI Estatal e, tamén nas Xornadas sobre Colaboración Inter-Asociativa celebradas en 2016 e 2018, a Convención CERMI celebrada na cidade de Valencia, en 2019, contando, en todo momento, coa referencia da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, a Axenda 2030 de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sustentable, e outras referencias globais que se orientan á defensa dos dereitos das persoas e a salvagárda do planeta. De acordo con este marco referencial e sobre a base do documento previo, elaborado pola Comisión, durante o Seminario sobre “Tendencias de futuro, oportunidades e retos”, desenvolvido en Madrid o 20 de febreiro de 2020, un nutrido grupo de persoas comprometidas coa defensa dos dereitos, o progreso social e a sustentabilidade, formularon un conxunto de propostas que se relatan neste documento .

https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/Inclusi%C3%B3n%20y%20diversidad%2028%5B44045%5D.pdf