Depresión y suicidio 2020. Documento estratégico para la promoción de la salud mental
Ao redor do 10% da poboación mundial sofre depresión. En España é a enfermidade mental máis prevalente con case 3 millóns de persoas diagnosticadas. Este estudo analiza, entre outros aspectos, o impacto sociosanitario desta enfermidade.
Navío, M., Pérez, V. (coords.), Depresión y suicidio 2020. Documento estratégico para la promoción de la salud mental. Madrid, Wecare-u. Healthcare Communication Group, 2020, 260 p.
Ao redor do 10% da poboación mundial sofre depresión. En España é a enfermidade mental máis prevalente con case 3 millóns de persoas diagnosticadas, sendo maioritarias as mulleres e persoas de idade avanzada, aínda que se suicidan máis homes que mulleres, son estas e os mozos quen máis o tentan e pensan. Por comunidades autónomas, segundo datos do 2017, Galicia e Asturias son as que teñen maior porcentaxe de depresión diagnosticada e as Illas Baleares a que menos. Este estudo analiza o impacto sociosanitario desta enfermidade; o tratamento farmacolóxico versus terapias cognitivas condutuais; o papel da atención primaria na detección e prevención do suicidio; o futuro do tratamento farmacolóxico; os plans de prevención do suicidio das diferentes autonomías; os programas escolares europeos de prevención contra o suicidio baseados na resiliencia; os biomarcadores relacionados con depresión e suicidio; a atención a pacientes e achegados; as poboacións máis vulnerables ( LGTB, violencia de xénero, exclusión social), a poboación infanto-xuvenil e a xeriátrica. Como novidade, abórdase o impacto da Covid-19 na saúde mental, tanto en enfermos de Covid como en pacientes con depresión e profesionais sanitarios.
https://sid-inico.usal.es/wp-content/uploads/2020/11/LibroBlancoDepresionySuicidio2020.pdf