Derechos humanos y discapacidad. Informe España 2017

21. Setembro 2018 Alertas

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (Cermi) presenta, un ano máis, o seu informe sobre discapacidade e dereitos humanos, que analiza a aplicación en España da Convención Internacional sobre os Dereitos Humanos deste colectivo.


Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, Derechos humanos y discapacidad. Informe España 2017. Serie: Convención ONU n. 22, Madrid, Ediciones Cinca, 2018, 286 p.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ( Cermi) presenta, un ano máis, o seu informe sobre discapacidade e dereitos humanos, que analiza a aplicación en España da Convención Internacional sobre os Dereitos Humanos deste colectivo. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, tomouse como fonte as consultas e denuncias de vulneración de dereitos de persoas con discapacidade recibidas ante o propio Cermi; as denuncias de persoas e entidades colaboradoras, tanto do movemento asociativo como pertencentes a distintos ámbitos xurídicos e as noticias publicadas en prensa ou difundidas en redes sociais que orixinaron unha investigación por parte do CERMI, así como a actividade dos diferentes operadores xurídicos. O informe realiza, en primeiro lugar, unha aproximación sobre a realidade das persoas con discapacidade en España. Tamén se explica a natureza do CERMI como organización de incidencia, seguimento e defensa da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. A continuación, exponse unha reflexión sobre o enfoque de dereitos que preconiza a Convención e analízase o articulado da mesma, describindo aquelas vulneracións ao seu contido, así como aqueles avances que se efectuaron en 2017. Quíxose dedicar tamén un espazo para realizar unha primeira análise do grao de compromiso das comunidades autónomas con este Tratado. Ademais, reflexiónase sobre a forma en que incidiu esta norma nas políticas públicas de España, no seu corpus lexislativo e, sobre todo, no día a día das persoas con discapacidade. Un dos capítulos recolle a actividade desenvolvida polo CERMI ao longo de 2017 para defender os dereitos humanos das persoas con discapacidade e outro se dedica de maneira específica ás nenas e mulleres con discapacidade, que aborda e visibiliza de maneira monográfica esta situación precaria en termos de igualdade de trato. Para finalizar, exponse un caso de éxito que servirá para facer pedagoxía da denuncia e de estímulo para reivindicar, neste caso, a inclusión educativa. Este ano, como novidade, incorpóranse unhas conclusións para sintetizar o máis relevante de 2017 e para subliñar as áreas críticas de inclusión, co ánimo de que estas sexan corrixidas nos termos que establece a Convención.

https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/Informe%202017%201.pdf