Desigualdad 1 – Igualdad de oportunidades 0. La inmovilidad social y la condena de la pobreza
Oxfam Intermón trata, no último informe presentado en Davos, sobre a relación entre a desigualdade e a igualdade de oportunidades, a inmovilidade social e a condena da pobreza

O informe detalla como impera a desigualdade en España desde a última crise económica que a aumentou catro veces máis do que puido reducirse durante a recuperación.
España sitúase como o cuarto país máis desigual da UE e o segundo no que a crecente brecha entre as persoas ricas e pobres aumentou máis. Unha polarización que prexudica sobre todo a mulleres e nenas.
O ano pasado, o número de fogares españois nos que non entrou ningún ingreso aumentou en 16.500, alcanzando os 617.000. Ao mesmo tempo, os ultramillonarios – persoas cuxos activos netos superan os 40 millóns de euros – aumentaron nun 4%.
O estudo demostra que, en España, a pobreza e a riqueza son hereditarias. Unha persoa nada nunha familia de ingresos altos gañará un 40% máis que unha dun núcleo familiar con renda baixa.
Ademais, a diferenza da esperanza de vida entre os barrios máis ricos e os máis pobres, alcanza os 11 anos en cidades como Barcelona ou 7 no caso de Madrid.
Segundo o director xeral de Oxfam Intermón, José María Beira, “Esta alarmante crise global de desigualdade é o reflexo do fracaso do sistema económico actual. Os Gobernos deben actuar inmediatamente para lograr cambios reais e un futuro digno para todas as persoas e non só para unha minoría privilexiada”.