El estado de la pobreza, 11º Informe AROPE. Seguimiento del indicador de riesgo de pobreza y exclusión social en España 2008-2020. Contexto nacional
A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social presenta o seu Informe anual de seguimento do indicador AROPE.
Secretaría Técnica EAPN-ES, El estado de la pobreza, 11º Informe AROPE. Seguimiento del indicador de riesgo de pobreza y exclusión social en España 2008-2020. Contexto nacional. Madrid, Red Europea de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social, 2021, 118 p.
Por undécimo ano consecutivo, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social presenta o seu Informe anual de seguimento do indicador AROPE ― At Risk Of Poverty and/ or Exclusion― en España e as súas comunidades autónomas, denominado “O Estado da pobreza”, que ofrece á sociedade española unha avaliación rigorosa e minuciosa dos compromisos en materia de inclusión social que España asume como membro da Unión Europea. Durante os últimos anos, o informe avaliou os obxectivos especificados na Estratexia Europa 2020, para un desenvolvemento intelixente, sustentable e integrador cuxos resultados para España se poden resumir na deficiente evolución do indicador AROPE, que nin sequera conseguiu recuperar a situación do ano de partida, senón que, pola contra, incrementouse nun millón de persoas máis.
https://www.eapn.es/estadodepobreza/ARCHIVO/documentos/informe-AROPE-2021-contexto-nacional.pdf