El primer impacto en las familias acompañadas por Cáritas
Cáritas Española, no seu ánimo de servir ás familias e colectivos máis desfavorecidos e en maior situación de vulnerabilidade, realiza este estudo que mide o impacto da crise da COVID-19 sobre os fogares atendidos no último ano (febreiro 2019 a febreiro 2020
Equipo de Estudios de Cáritas Española, El primer impacto en las familias acompañadas por Cáritas. Serie: La Crisis de la Covid-19 n. 1, Madrid, Cáritas España, Observatorio de la Realidad Social de Cáritas, 2020, 25 p.
Desde o interior da tempestade provocada pola pandemia da COVID-19, as 70 Cáritas Diocesanas que compoñen Cáritas Española seguiron traballando no límite das súas posibilidades e da súa capacidade para estar xunto ás familias máis vulnerables. Unha vez máis a crise non foi igual para todos, os máis fráxiles viron como máis rapidamente e máis intensamente as súas condicións de vida empeoraban, e na maioría dos casos afundíanse ao perder o emprego que realizaban, os exiguos ingresos que tiñan. As dificultades na vivenda, na convivencia e nos coidados, o ensanche da brecha educativa e dixital e os problemas de saúde completan a mirada sobre o impacto que esta crise trouxo ás familias acompañadas por Cáritas.
A paralización dunha parte importante da economía provocou unha rápida subida do desemprego, que no conxunto da sociedade española supuxo un incremento de 2,5 puntos porcentuais na taxa de paro entre o mes de febreiro e abril, e que na poboación acompañada por Cáritas foi de 20 puntos porcentuais. Un incremento oito veces superior entre a poboación máis vulnerable que na poboación en xeral e que situou a taxa de paro no 73%.
O impacto nos ingresos dos fogares foi de tal envergadura, que provocou que tres de cada dez fogares non dispoñan agora mesmo de ningún ingreso, aproximadamente 450.000 persoas que residen en fogares acompañados por Cáritas non ingresan nin un só euro nestes momentos, representado un incremento do 136%. As familias con ingresos viron como estes se reducían un 33% desde o inicio da crise. A redución máis importante produciuse entre os ingresos procedentes do emprego formal, que caeron case a metade e nos ingresos dos empregos informais que as familias utilizan como estratexia de supervivencia, que se viron reducidos un 71%.
https://caritas-web.s3.amazonaws.com/main-files/uploads/2020/06/OSR-v4.3.pdf