El sistema de promoción de la autonomía personal y atención a las personas en situación de dependencia

25. Xaneiro 2021 Alertas

Informe elaborado polo Consello Económico e Social de España que considera a necesidade do reforzamento do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia ( SAAD) levando a cabo os cambios e reformas necesarios para afrontar o futuro do sistema.


Consejo Económico y Social de España, El sistema de promoción de la autonomía personal y atención a las personas en situación de dependencia. Serie: Informes n. 03/2020, Madrid, Consejo Económico y Social de España, 2021, 224 p.

Unha das principais aspiracións das persoas é conseguir vivir o maior número de anos, co menor número de limitacións e a maior autonomía posible. Constitúe un verdadeiro desafío para os poderes públicos apoiar este obxectivo, no medio dun agudo proceso de envellecemento da poboación, de cronificación das enfermidades e de avance dos cambios sociodemográficos e culturais que acompañan ao declive do modelo tradicional de coidados nos fogares. Neste contexto, a creación do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia ( SAAD) supuxo un fito moi importante no sistema de protección social español que este informe elaborado polo Consello Económico e Social de España pon en valor, apelando á necesidade do seu reforzamento para satisfacer efectivamente o dereito universal a unha atención integral de calidade, accesible e en condicións de equidade. As dramáticas consecuencias da Covid-19 entre as persoas dependentes ten posto en evidencia importantes debilidades que xa afectaban ao SAAD e deben supoñer un punto de inflexión para abordar, sobre a base do consenso cos interlocutores sociais e os actores implicados, os cambios e reformas necesarias, así como novos desafíos de cara ao futuro.

http://www.ces.es/documents/10180/5226728/Inf0320.pdf