El trabajo de ayuda a domicilio en España
Interesante traballo de investigación editado pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) no que na súa primeira parte se contextualiza o servizo de axuda a domicilio e na segunda se recolle unha análise da información obtida nos estudos de caso: condicións laborais das auxiliares de axuda a domicilio, demanda das persoas usuarias, papel da Administración local, etc.
Franco Rebollar, Pepa, Ruiz, Blanca. — El trabajo de ayuda a domicilio en España. Madrid, Unión General de Trabajadores, 2018, 179 p.
Na primeira parte desta investigación contextualízase o servizo de axuda a domicilio en tres capítulos que abordan tanto a lexislación e o modelo de dependencia en España, como un retrato certeiro das características do servizo de axuda a domicilio que especifica a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Ademais, viuse conveniente, engadir un capítulo específico sobre a función social do coidado para analizalo desde unha perspectiva de xénero e destacar as similitudes, diferenzas e compatibilidades entre os coidados informais, prestados case sempre no seo das relacións familiares, e os coidados formais enmarcados na LAPAD que supoñen a súa profesionalización. A segunda parte recolle a análise da información obtida nos estudos de caso. O foco principal está nas condicións laborais das auxiliares de axuda a domicilio (traballadoras familiares e auxiliares de fogar, no caso de Cataluña) pero, inevitablemente, estas condicións están enmarcadas na necesidade e demanda das persoas usuarias, así como no papel que xoga a Administración local que xestiona o servizo e as empresas que o provén.