El uso de las tecnologías por los menores en España. Madrid: ONTSI, 2022

28. Febreiro 2022 Alertas

A situación extraordinaria da pandemia cambiou e impulsou hábitos dixitais dos menores. As clases a distancia e actividades educativas en liña incrementaron o uso de computadores e dispositivos móbiles, e a cantidade de usuarios e usuarias da internet.


Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad (2022).  El uso de las tecnologías por los menores en España. Madrid: Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital. 25 p. Colección Brújula para navegar los indicadores de la sociedad digital. NIPO: 094-22-009-2. DOI: 2022 10.30923/094-22-009-2

Como usan os menores as tecnoloxías

O 98% dos nenos e nenas de entre 10 e 15 anos utilizan Internet de maneira habitual. Esta práctica incrementouse desde 2016 (non chegaba ao 93%); en 2020 e 2021 aumentou tres puntos porcentuais.

Nos últimos anos o uso de computadores mantívose estable nun 90%. En 2021 o dato ascende a un 95%. Cataluña (99%), País Vasco (98%) son as CC AA con máis adopción e Ceuta (62%) e Melilla (77%) están no outro extremo.

Non variou no últimos cinco anos o número de menores con teléfono móbil: son sete de cada dez. Aquí as nenas superan en máis de seis puntos aos nenos (72% elas, 65%, eles). As comunidades con máis menores con móbil son Estremadura (82%) e País Vasco (76%). Á cola, Melilla (60%) e Galicia (59%).

Variables sociodemográficas que impactan no uso

A idade, o lugar de residencia, a renda do fogar e o número de membros por familia condiciona a dispoñibilidade do móbil e computador, e tamén o uso da internet.

Así, de 10 a 11 anos o uso do computador pasa do 90% ao 95% e nove de cada dez do grupo de 13 teñen un teléfono móbil.

Os nenos e nenas que viven en poboacións de menos habitantes (10.000 ou inferior) empregan máis o móbil, pero menos o computador que os que habitan en zonas máis poboadas.

Nas familias por baixo de 900 euros, un 92% dos menores utilizan menos o computador, unha 85% fronte ao 97% dos que residen en familias con ingresos considerados altos (de 2.500 euros ou máis).

En fogares con só dous membros, o uso do móbil é maior que nas familias con cinco ou máis integrantes; unha diferenza de 12 puntos porcentuais (74% fronte a 62%).

Actividades escolares en liña

O 95% de nenos e nenas menores de 6 a 15 anos vive en fogares con medios ou recursos suficientes para asistir a clases ou actividades escolares en liña e un 53% fíxoo no últimos tres meses.

https://www.ontsi.es/sites/ontsi/files/2022-02/usotecnologiamenoresespa%C3%B1a2022.pdf

Etiquetas

,