Encuesta sobre la situación de los cuidadores no profesionales en la sociedad española.

09. Decembro 2019 Alertas

A través desta enquisa analízase a situación dos coidadores non profesionais na sociedade española co dobre obxectivo de poñer en valor o traballo non remunerado que desempeñan e detectar as súas necesidades.


Censuswide, Encuesta sobre la situación de los cuidadores no profesionales en la sociedad española. Madrid, Merck España, 2019, 12 p.    

A empresa líder en ciencia e tecnoloxía, Merck, realizou un estudo sobre a situación dos coidadores non profesionais na sociedade española co dobre obxectivo de poñer en valor o traballo non remunerado que desempeñan e detectar as súas necesidades. Para a enquisa contouse coa colaboración de 506 coidadores non profesionais residentes en España, grazas aos cales se puido establecer o perfil da persoa coidada, atendendo a aspectos como as características demográficas, o tipo de relación co seu coidador e o seu estado de saúde, o perfil do coidador non profesional, tomando en consideración características como os anos de dedicación de cada persoa e o impacto da súa situación como coidador na súa vida diaria, o grao de visibilidade do que goza o coidador, para o que se estudou en que medida as persoas da súa contorna foron informadas da súa situación, a implicación da contorna na actividade do coidador, o impacto da súa condición de coidador non profesional na súa esfera persoal, considerando tanto os sentimentos que esperta o seu rol coma se goza de tempo persoal e as carencias ás que se enfronta no desempeño da actividade de coidador non profesional.

https://www.merckgroup.com/es-es/informes/encuesta-espa%C3%B1ola-sobre-la-situaci%C3%B3n-de-los-cuidadores-no-profesionales-.pdf