Entre la confianza y la violencia: ambivalencias en las sexualidades juveniles

21. Abril 2021 Alertas

Esta monografía mostra os resultados dunha investigación cualitativa na que se realizaron grupos de discusión con persoas mozas. A partir dos resultados extraídos desta investigación os autores expoñen orientar o deseño de accións que contribúan a levar o risco das relacións sexuais entre mozos á esfera do debate público, faciliten a reflexión e acheguen elementos para o cambio de actitudes ou condutas.


Gómez, C., et al., Entre la confianza y la violencia: ambivalencias en las sexualidades juveniles. Madrid, Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud, Fundación de Ayuda contra la Drogadicción, 2021, 157 p.

Esta monografía mostra, polo miúdo, os resultados dunha investigación cualitativa na que se realizaron grupos de discusión con persoas mozas no ano 2019 e reunións grupais de poboación equivalente en 2020. A finalidade do estudo vai máis aló do interese por profundar na comprensión dos riscos nas prácticas sexuais das persoas mozas. A partir dos resultados que nesta monografía se plasman, é posible orientar o deseño de accións que contribúan a levar estes temas á esfera do debate público, faciliten a reflexión e acheguen elementos para o cambio de actitudes ou condutas.

https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/561903?utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=365d907bb9-boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-365d907bb9-315103205