Envejecimiento de la población, familia y calidad de vida en la vejez
Funcas vén de editar o número 28 da revista Panorama Social dedicado ao envellecemento demográfico e á calidade de vida na vellez
Envejecimiento de la población, familia y calidad de vida en la vejez. Panorama Social , n. 28, 2018, 207 p.
Panorama Social é unha revista de periodicidade semestral e de carácter monográfico editada pola Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) e dirixida por Carlos Ocaña Pérez de Tudela. Os seus números dedícanse a temas de debate social e político, tales como o envellecemento da poboación, as pensións e a dependencia, as relacións interxeracionais, a evolución das familias, a infancia e a xuventude, a inmigración, a pobreza e a sanidade.
O número 28 dedicado ao envellecemento demográfico trata como este comporta cambios e incertidumes en temas moi variados, relacionados coa calidade de vida das persoas maiores, os seus recursos económicos, a súa saúde, a necesidade de coidados, e mesmo o seu maior peso electoral e, por tanto, político. Sobre estes e outros temas trata este número monográfico de Panorama Social, cuxo eixo central é o impacto estrutural da nova pirámide poboacional sobre o conxunto da sociedade española e, está claro, sobre as características da propia vellez e os comportamentos da poboación de máis idade
https://www.funcas.es/publicaciones_new/Sumario.aspx?IdRef=4-15028