Envejecimiento y cuidados en el entorno familiar. Reflexiones sobre el envejecimiento que viene

30. Novembro 2022 Alertas

O obxectivo do documento é focalizar a mirada sobre as familias e a súa relación coa vellez e o envellecemento: para apoiar as persoas maiores.


Goyenechea, J., Envejecimiento y cuidados en el entorno familiar. Reflexiones sobre el envejecimiento que viene. Madrid, Unión de Asociaciones Familiares, 2022, 135 p.

O obxectivo do documento é focalizar a mirada sobre as familias e a súa relación coa vellez e o envellecemento: para apoiar as persoas maiores na expresión e xestión do seu proxecto de vida, no que a familia ten un papel central, e para apoiar as familias no seu papel de garantes e provedores de apoio e coidado dese proxecto de vida, podéndoo conciliar co propio de cada membro da unidade familiar e coa crianza e apoio a fillos e fillas.

A publicación pon o acento en 4 aspectos:

Na primeira parte, incídese en encadrar o envellecemento e a súa xestión dentro das familias. Na segunda, examínase a xestión do coidado por parte das familias desde un punto de vista diacrónico e as respostas de institucións públicas e privadas ante o reto do envellecemento no pasado, no noso presente e de cara ao futuro. A terceira parte fai fincapé en aspectos concretos da xestión do envellecemento e as necesidades concretas por parte de individuos e familias. Por último, na cuarta parte, explóranse ferramentas técnicas que poden axudar as persoas profesionais da intervención social a realizar o acompañamento a persoas e familias. .

Envejecimiento y cuidados en el entorno familiar.