Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Diciembre 2017
Recogemos para su consulta una selección de normas relacionadas con las políticas sociales y publicadas en el DOG a lo largo del mes de diciembre de 2017
- Orde do 27 de novembro de 2017 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 12 de maio de 2017 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 229, do 01.12.2017).
- Resolución do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2018, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 232, do 07.12.2017).
- Orde do 4 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 232, do 07.12.2017).
- Decreto 124/2017, do 30 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017. (DOG nº 234, do 12.12.2017).
- Decreto 125/2017, do 30 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2017. (DOG nº 234, do 12.12.2017).
- Resolución do 30 de novembro de 2017 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2017. (DOG nº 234, do 12.12.2017).
- Resolución do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas. (DOG nº 237, do 15.12.2017).
- Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas no capítulo II da Orde do 5 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento TR343A). (DOG nº 239, do 19.12.2017).
- Orde do 20 de decembro de 2017 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nos capítulos II e IV da Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (Programa I –procedemento TR341K- e Programa III –procedemento TR341M-). (DOG nº 242, do 22.12.2017).
- Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se incrementa o crédito da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 242, do 22.12.2017).
- Lei 7/2017, do 14 de decembro, de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica. (DOG nº 243, do 26.12.2017).
- Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se fai público o incremento do importe das axudas previstas na Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. (DOG nº 243, do 26.12.2017).
- Resolución do 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, no ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, para o ano 2018. (DOG nº 244, do 27.12.2017).
- Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. (DOG nº 244, do 27.12.2017).
- Resolución do 18 de decembro de 2017 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2017. (DOG nº 244, do 27.12.2017).
- Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018. (DOG nº 245, do 28.12.2017).
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. (DOG nº 245, do 28.12.2017).
- Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017 e 2018 (código de procedemento TR301U). (DOG nº 245, do 28.12.2017).
- Decreto 131/2017, do 21 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018. (DOG nº 246, do 29.12.2017).
- Decreto 132/2017, do 21 de decembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do fondo de asistencia social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos. (DOG nº 246, do 29.12.2017).
- Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 246, do 29.12.2017).
- Extracto da Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 246, do 29.12.2017).
- Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 246, do 29.12.2017).