Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Febrero 2018

01. marzo 2018 Normativa

Recogemos para su consulta una selección de normas relacionadas con las políticas sociales y publicadas en el DOG a lo largo del mes de febrero de 2018

Orde do 26 de xaneiro de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 24 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18. (DOG nº 23, do 01.02.2018).

Resolución do 19 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2017. (DOG nº 24, do 02.02.2018).

Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018. (DOG nº 25, do 05.02.2018).

Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación (códigos de procedemento TR301P e TR349X). (DOG nº 25, do 05.02.2018).

Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018. (DOG nº 26, do 06.02.2018).

Orde do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2017/18, teña dificultades económicas para continuar estudos. (DOG nº 26, do 06.02.2018).

Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018. (DOG nº 28, do 08.02.2018).

Resolución do 8 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2018 (PR924B). (DOG nº 36, do 20.02.2018).

Orde do 13 de febreiro de 2018 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2018. (DOG nº 39, do 23.02.2018).

Decreto 23/2018, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo. (DOG nº 40, do 26.02.2018).


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.